TÍTULO DURACIÓN DISPOÑIBLE EN

Coma Villanelle (Single)

Agarda No Horizonte (Pedro e Inês)

A Luz Prendida - A Luz Prendida

Falan de Ti - A Luz Prendida

Canción Legüera - A Luz Prendida

Casandra - Casandra

O Fío Do Que Pendo - Casandra

MJ Pérez - A Peza Solta

Aqura

INÊS, AQUILO QUE NOS UNE

"Sempre falamos de Galicia e Portugal, de tecer pontes e crear lazos, mais existe unha figura que marcou a historia de Portugal varios séculos atrás e que representa un vínculo entre ambos territorios. Unha figura e unha historia case descoñecidas a esta beira do Miño. Ela é Inés de Castro, e é aquilo que nos une"

Así comeza esta peza documental realizada por MJ Pérez ao abeiro dos II Fondos Xacobeo 21, no que a cantautora toma o papel de narradora para contarnos unha historia que debe ser coñecida e divulgada. Ninguén queda indiferente á historia de Inés de Castro unha vez a escoita, ata o punto de ser un dos relatos máis recurrentes e inspiradores no mundo das artes. Así foi que MJ Pérez tamén se viu inspirada e quixo compartila co público a través deste pequeno documental

Unha peza audiovisual que xira en torno a Inés de Castro, figura historica coñecida ao longo dos séculos como “a raíña despois de morta”. Descubrimos dende as súas orixes ata a súa tráxica morte e toda a influencia que tivo este suceso. MJ Pérez acompáñanos a través desta historia coa súa narración e a súa música orixinal, onde viaxamos ata os principais escenarios onde todo isto ocorreu, contamos con diversas declaracións e visualizamos os momentos principais desta historia a través das ilustracións orixinais de Laura Romero. Todo isto culmina cunha canciñón orixinal de MJ Pérez inspirada neste acontecemento.

O documental completo está dispoñible en aberto en Youtube, na canle de Política Lingüística:

🎵 Canción Orixinal🎵

Este documental conta coa canción orixinal de MJ Pérez "Agarda no horizonte", unha canción que naceu inspirada a raíz desta impresionante historia e foi o punto de partida do que naceu todo este proxecto e documental

Gravada, misturada e masterizada por Iago Blanco en Drum&Roll Studios

  • Percusión: Ailén Kendelman
  • Arpa: Beatriz Salas
  • Guitarra clásica: Alberto Romero
  • Composición, guitarra, voz e outros: MJ Pérez